Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actos Día Internacional das Mulleres

Evento xa rematado

O Concello de Bueu conmemora o Día Internacional das Mulleres cunha programación que se estende do 1 ao 22 de marzo. Nesta edición destaca o pleno sobre a igualdade que se celebrará o 7 de marzo ás 11.30 h, no que o alumnado do IES Illa de Ons, IES Johán Carballeira, CEI Plurilingüe A Pedra e CPR Virxe Milagrosa será protagonista. Os pequenos e pequenas tamén participarán o 11 de marzo no acto de entrega de agasalllos aos gañadores/as do XIII Certame de Viñeta e Ilustración «A igualdade no traballo» e do II Certame Literario «A igualdade no traballo».

E o 22 de marzo culminarán os actos coa entrega do premio a María López Correa, gañadora do IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, que terá lugar no salón de plenos ás 19 horas.

Nesta programación tamén colabora o Cineclub de Bueu coa proxección de «A viaxe de Nisha» o 1 de marzo ás 21.00 h no Centro Social do Mar.