Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actos Día da Terra

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza diversas actividades con motivo do Día da Terra, que se celebra o 22 de abril.

Do 27 ao 28 de abril poderase ver na Sala Domínguez Búa unha alfombra floral elaborada pola Asociación de Alfombristas co deseño de Marc Taeger con temática ambiental.

O 28 de abril , de 11 a 13 horas, desenvolverase unha gimcana deportiva na Praza Massó, e pola tarde terán lugar uns obradoiros infantís no 2º andar do Centro Social do Mar.  Os rapaces e rapazas serán protagonistas destes talleres que tratarán sobre pintura decorativa en follas de árbores (de 18.00 a 19.00 horas) e tamén de arte e reciclaxe na natureza (de 19.00 a 20.00 horas).

Por último, e co obxectivo de sensibilizar ao alumnado de primaria dos centros educativos, un axente de conservación da natureza ofrecerá diversas charlas para informar do traballo diario, dos incendios e da recuperación de flores silvestres.  No CEIP A Torre de Cela serán o 13 de abril, e no CEIP Montemogos de Beluso, o 30.

Tamén se convoca un concurso de carteis con motivo desta efeméride, destinado aos centros de secundaria da vila.