Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Acto poético aberto 2º aniversario Axencia de Lectura de Meiro

Evento xa rematado

A Axencia de Lectura de Meiro organiza diversos eventos de conmemoración do 2º aniversario da súa reapertura. Así, o venres 26 de outubro, ás 20.00 h, celebrarase na Casa da Aldea de Meiro un recital poético aberto no que participarán @s poetas Míriam Ferradáns, Ismael Ramos, Dani Costas, Xosé M. Millán e Luís Chapela. Ademais haberá micro aberto para todas as persoas que desexen recitar.

O acto complementarase cunha pequena peza teatral e coa entrega do Premio Embaixadora da Cultura, impulsado este ano desde a Asociación Veciñal A Morada e que recaerá nunha persoa nova vinculada coa cultura e coa Aldea de Meiro.