Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A Biblioteca de… Xosé Bangueses García

Evento xa rematado

O Concello de Bueu, a través da concellaría de arquivo e bibliotecas, organizará dende xaneiro a abril un ciclo de charlas no que catro bueueses e bueuesas vinculadas ao mundo dos libros falarán das súas bibliotecas persoais. As charlas desenvolveranse todos os martes cada mes ás 20.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, e servirán para que estas persoas conversen arredor da súa experiencia lectora, da descuberta da lectura e desvelen algúns dos títulos que marcaron a súa biografía.

O 21 de marzo acompañaranos Xosé Bangueses García, fundador da libraría local Abrente e cunha longa traxectoria no mundo editorial galego