Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Lo que la marea esconde» de María Oruña

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o 16 de agosto a presentación do libro Lo que la marea esconde de María Oruña,  que terá lugar na Praza Massó ás 21.00 h. No acto estará presente a autora e a xornalista Tensi Gesteira.

SINOPSE: A presidenta do Club da Bahía de Santander, unha das mulleres máis poderosas da cidade, aparece morta no camarote dunha preciosa goleta que cruzaba o mar ao anoitecer cuns poucos e selectos convidados do mundo do tenis. O crime lembra ás novelas de ‘cuarto pechado’ de comezos do século pasado: o compartimento estaba pechado por dentro, tanto a ferida que presenta o corpo da empresaria como o misterioso método utilizado para cometer o asasinato resultan inexplicables, e todos os convidados á festa semellan ter motivos para acabar coa súa vida. Quen matou a Judith Pombo? Como? Por que?