Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria reunión Ruta das Tapas 5 Estrelas

Dende o Concellaría de Promoción Económica de Bueu, en colaboración co Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), estamos organizando a 3ª edición da ruta “Tapas 5 estrelas” e por iso convidamos a todos os establecementos hostaleiros a participar.

Ao igual que o ano pasado, os participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, onde se irán selando cada unha delas por cada tapa consumida. Os/as que completen os cinco selos, sendo todos eles de distintos establecementos, entrarán no sorteo dunha cea para dúas persoas nun dos locais participantes.

Con este motivo, Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, e Manuel Pena, director do FICBUEU, convocan a toda a hostalaría da vila a unha reunión que se celebrará o vindeiro VENRES, 16 DE MARZO DE 2018, ás 10.30 horas na Sala de Xuntas da Casa do Concello. A esta xuntanza é importante que asistan todos os interesados/as, xa que aquí se tratarán diversos temas relacionados coa organización e inscrición.

RUTA DAS TAPAS 5 ESTRELAS 2018