Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno xuño 2018

A corporación municipal de Bueu celebrará o vindeiro 4 de xuño, ás 21.00 horas

A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación da acta da sesión anterior (acta núm. 07/2018 correspondente coa sesión ordinaria do mes de maio de 2018, celebrada o 7/5/18) (expediente PLN/2018/5)
2.Proposta de alcaldía relativa á Aprobación de acordos de non disponibilidade no orzamento prorrogado ao 2018 (Expte. 1100/2018).
3.Proposta do concelleiro delegado de réxime interior relativa á constitución de mesa de contratación permanente do Pleno da corporación municipal. (Expte. 1094/2018).
4.Proposta conxunta dos GPM relativa á adhesión ao Pacto de alcaldes polo clima e a enerxía (expdt. 805/2017)
5.Moción do G.P.M. de PP, relativa á incoación de expediente de modificación de crédito para dotar no orzamento unha subvención para axudar ao texido asociativo de Bueu que non pode acceder ás liñas de subvencións abertas no concello (Expte. 805/2017)
6.Moción do G.P.M. de PP, relativa ao apoio e defensa da prisión permanente revisable (Expte. 805/2017)

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
1.Comunicación da intervención relativa á execución do orzamento do concello correspondiente ao 1º trimestre (expdt. 994/2018)

Dación conta dos reparos de legalidade formulados por Intervención dende a derradeira sesión ordinaria
3.Dación conta das Resolucións da Alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria

ANUNCIO CONVOCATORIA SESION ORDINARIA PLENO. MES XUÑO