Convocatoria pleno ordinario febreiro 2024
A corporación municipal de Bueu organiza o 5 de febreiro o pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos do Concello, e que se poderá seguir tamén en directo dende a canle de YouTube municipal.
Os asuntos que compoñen a orde do día son:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2023-0016, ordinaria do 04.12.2023).
A.1.2.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2023-0017, extraordinaria urxente do 26.12.2023).
A.1.3.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2024-0001, ordinaria do 15.01.2024).
A.2.- Proposta da concelleira de persoal, promoción económica, comercio local, turismo e praias de resolución das reclamacións presentadas e aprobación definitiva da 1ª modificación do organigrama e relación de postos de traballo (RPT) do concello de Bueu. Expediente 2547/2023.
A.3.- Moción do GPM do PP para a actuación nos piñeiros de Area de Bon.
A.4.- Moción do GPM do BNG de apoio ao pobo palestino e contra o xenocidio.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS