Convocatoria pleno ordinario abril

A corporación municipal de Bueu celebra o próximo luns, 5 de abril, a sesión plenaria ordinaria, que terá lugar ás 20.00 h de forma telemática, e con retransmisión en directo a través da canle de YouTube do Concello de Bueu.

Os asuntos que compoñen a orde do día:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2021-0003, ordinaria do 01.03.21).
A.2.- Moción do GPM do BNG sobre a baixada ao 10 % do IVE dos salóns de peiteado, estética e barberías.
A.3.- Moción conxunta dos grupos de BNG e ACB relativa ao establecemento dun convenio coa xunta de Galicia para a consecución de vivenda protexida no termo municipal de Bueu.
A.4.- Moción do GPM do PP para esixir ao goberno central que suprima os puntos 3 e 4 do artigo 18 da lei de cambio climático.
A.5.- Moción conxunta dos grupos de BNG e ACB para pedir a derrogación da 1ª revisión do plano forestal de Galiza.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS