Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno maio 2019

O vindeiro 6 de maio, ás 20.00 h, celebrarase no CENTRO SOCIAL DO MAR a sesión plenaria da corporación local de Bueu. Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación das Actas de sesións anteriores:
1) Núm. 2019-0004, extraordinaria do 30.03.2019.
2) Núm. 2019-0005, ordinaria do 01.04.2019.
A.2.- Proposta da Alcaldía de aprobación inicial do Expediente de Modificación de Créditos 11/2019 por Suplemento de Crédito por importe de 174.220,61 €. Expediente 1013/2019.
A.3.- Proposta da Alcaldía de aprobación da amortización anticipada do préstamo núm. 807492046135 asinado co Banco de Sabadell en data 06.02.2015. Expediente 1010/2019.
A.4.- Proposta de Alcaldía de recoñecemento extraxudicial de créditos 3/2019. Expediente 976/2019.
A.5.- Proposta do Concelleiro delegado de Facenda, Réxime Interior e seguimento da Compra Pública, sobre resolución do Recurso de Reposición contra o acordo do Pleno en sesión celebrada o 21.01.2019 polo que se nomea suplente do 3º vogal da Mesa Contratación Permanente do Pleno. Expediente 1094/2018.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL

B.1.- Dación de conta da Memoria de seguimento do Plan de Axuste. Execución do Primeiro Trimestre do Orzamento para o exercicio 2019. Expediente 1096/2019.
B.2.- Dación de conta dos Reparos de Legalidade formulados pola Intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das Resolucións de Alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS

Anuncio pleno maio 2019

Anuncio cambio de lugar sesión plenaria