Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno febreiro 2021

A corporación local de Bueu celebra o próximo 1 de febreiro unha sesión plenaria ordinaria, que terá lugar ás 20.00 h de forma telemática e con transmisión en directo a través da canle de YouTube do Concello de Bueu.

Os asuntos da orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Proposta da alcaldía de aprobación inicial da supresión do rexistro municipal de unións de feito do concello de Bueu. Expediente 3399/2020.
A.2.- Moción do GPM do PP para levar a cabo obras de mellora no pavillón municipal Pablo Herbello.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS