Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno extraordinario outubro


A corporación municipal celebrará o martes 19 de outubro unha sesión plenaria extraordinaria, que terá lugar ás 10.00 horas no Centro Social do Mar e que tamén se poderá seguir en directo na canle de Youtube do Concello de Bueu.

Os asuntos da orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Proposta da alcaldía de aprobación inicial do orzamento municipal para o exercicio 2021, aprobación do límite de gasto non financeiro para o exercicio 2021 e aprobación inicial do catálogo de postos de traballo e cadro de persoal do concello de Bueu. Expediente 2594/2021.
A.2- Proposta de aprobación da conta xeral correspondente ao exercicio 2020. Expediente 1067/2021.
A.3.- Proposta da alcaldía relativa á determinación dos festivos locais correspondentes ao ano 2022. Expediente 2790/2017.