Convocatoria pleno abril 2023
A corporación municipal de Bueu celebra o 3 de abril unha sesión plenaria, que terá lugar ás 20.00 h no salón de plenos do Concello, e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2023-0003, ordinaria de data 06.03.23).
A.2.- Moción GPM do BNG sobre a retirada do plan de ordenación do espazo marítimo pola afección da eólica mariña ao sector do mar.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta ao pleno dos marcos orzamentarios 2024 – 2026. Expediente 668/2023.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS