Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu organiza varios roteiros do Camiño Portugués

  • A iniciativa explicarase nun acto de presentación, que terá lugar este venres, ás 19.00 horas no Centro Social do Mar

A concellaría de deportes de Bueu organiza o próximo venres, 9 de marzo, unha presentación dos roteiros que se van organizar este ano cunha novidade importante: completarán o percorrido galego do camiño portugués.

No acto, que será no Centro Social do Mar ás 19.00 horas, explicaranse as características desta iniciativa, así como tamén se adiantarán as datas de cada etapa, así como das fórmulas de inscrición e os requisitos necesarios para participar.

A actividade terá un custo de 7€ no cal se cubrirá o transporte en bus dende Bueu ao lugar de orixe de cada etapa, e despois a volta a Bueu. Basicamente, o concelleiro de deportes, Manolo Otero, xa avanzou que o límite de prazas será de 50 para cada etapa, e que será preciso inscribirse en cada unha delas de xeito individual.

O obxectivo principal é realizar exercicio e á vez coñecer paisaxes e zonas con encanto pertencentes á nosa comunidade.