Comeza esta semana o 20 aniversario do Festival SonRías Baixas, en tres xornadas que xuntan concertos, gastronomía e turismo
Esta semana o Festival SonRías Baixas deu a coñecer en rolda de prensa a súa programación para o seu vixésimo aniversario, que terá lugar os días 2, 3, 4 e 5 de agosto en Bueu (Pontevedra). Afianzado xa como unha das grandes citas musicais do verán da península do Morrazo, no corazón das Rías Baixas. Á rolda de prensa, liderada por Jordi Lauren e Berta Domínguez (Dirección de SonRías Baixas), asistiron diversidade de medios locais e representantes da Xunta de Galicia / Agadic / Fest Galicia (Jacobo Sutil), da Deputación de Pontevedra (Mª Nava Castro Domínguez), o alcalde de Bueu (Félix Juncal), a concelleira de Cultura (Carmen García) e a concelleira de promoción económica e turismo (Silvia Carballo).
Durante a súa intervención, Jordi Lauren puxo de manifesto o propósito da organización de organizar un festival divertido, agradecendo o apoio das institucións durante dúas décadas e poñendo especial atención no talento galego, labor que xa realiza con PlayPlan. Jacobo Sutil recordou que SonRías foi festival pioneiro en introducir o sistema cashless para as transaccións no recinto, mentres que Mª Nava recalcou o importante papel do circuito Rías Baixas Fest, circuito do que SonRías forma parte e no que se outorga especial importancia á sostenibilidade e ao potenciamento da gastronomía e a cultura locais. Pola súa parte, Félix Juncal recalcou no aumento de poboación que ten lugar durante os días do festival, contribuíndo á economía local e conseguindo colocar a Bueu como un dos puntos de unión cultural musical de Galicia.
Este ano adiántase a apertura da zona de acampada ao mércores, organizando unha festa de inauguración dende as 21.00h no recinto que sirva como recibimento para todos aqueles festivaleiros que queiran comezar coa experiencia o mesmo día 2, e que estará ben ambientada con moita música e varios food trucks.
As xornadas de concertos de SonRías Baixas arrancarán o xoves 3 cunha noite protagonizada por dúas bandas que regresan ao festival para celebrar o noso 20 Aniversario. Por un lado e directos dende Pamplona, Lendakaris Muertos, que descargarán o seu punk ortodoxo, rápido e cheo de letras irónicas combinando humor e crítica social, e dende a capital e seguindo a mesma línea, os madrileños Boikot desbordarán o seu punk rock urbano cheo de compromiso social e letras con mensaxe. Uniranse tamén ETS homenaxeando ás persoas, á rúa e á cultura popular e defendendo en directo o seu novo disco, «Guretzat». As guitarras noventeiras e a distorsión con sintes e programación correrá a cargo da banda de recente formación 30s40s50s formada por Bely Basarte, David Otero e Tato Latorre. O mellor dos 2000 estarán representados por Samuraï, na súa primeira visita ao noso festival, e Santa Salut, que arrollará co seu derroche de actitude hip – hopeira de temática social, revolucionaria e feminista dende o Escenario Turismo Rías Baixas.
O venres 4 o festival terá como cabeza de cartel dende o Escenario Fest Galicia ao dúo de rap madrileño Natos y Waor, que chegan a Bueu para presentar os temas do seu cuarto disco, «Luna llena». Marcando as súas propias normas e sen esquecer os seus principios, as súas cancións, sempre crúas, descaradas e sen pelos na lingua recorren neste álbum moitos paus distintos e botan a mirada atrás para reflexionar sobre tantos anos ao pé do cañón e sobre o seu camiño dende o underground ao mainstream. Con intención multicultural e marcado carácter cosmopolita aterra La Ganga Calé para botarnos en brazos da rumba, a salsa, funk ou reggae a través do seu apoteósico e sentido directo, e Muyayo Rif contaxiarán as súas ganas de «VIVIR» con maiúsculas e de disfrutar da música nun espectáculo que presentaron por escenarios de todo o mundo. Reivindicando tamén as desigualdades entre homes e mulleres nos circuitos alternativos, o colectivo Tremenda Jauría regalaranos tamén a súa descarga de temas pegadizos de reggaetón, moombathon, electrocumbia e dembow desbordantes de mensajes de apoio mutuo, tenrura, raiba e loitas cotidiás. Mostra da aposta do festival polos nomes máis prometedores do panorama son as incorporacións de Lia Kali, quen presentará os temas do seu primeiro traballo, un mix de reggae, jazz, soul e rap e Queraltz Lahoz, que chegará a Bueu no seu momento máis doce e para reivindicar as súas orixes flamencas atravesadas por sons latinos, de raíz e urbanos. Os temazos tamén estarán asegurados na xornada grazas a Cool Nenas, trío cheo de actitude, enerxía e tras o que se atopan dani, mariagrep e Kimberley Tell.
A programación pechará o sábado 5 con La Pegatina, unha das nosas bandas máis internacionais – acumulan máis de 1200 concertos ás súas costas por 35 países – e que este 2023 celebran, ao igual que o festival, dúas décadas en activo. No seu «20 Aniversario Tour» presentarán novo espectáculo cunha posta en escena renovada, máis enérxica que nunca, e á altura da festa que suxire a súa música. Unirémonos así nun concerto moi especial para celebrar por todo o alto os nosos vinte anos medrando xuntos. Pola súa parte, Macaco chega ao SonRías Baixas para presentar «Vuélame el corazón», o seu nuevo álbum onde conviven músicas de raíz, da rumba á cumbia, do folk ao tango, guitarriñas pequenas, moogs e sintes retro, e unhas bases e beats construidos con elementos orgánicos. Arde Bogotá, convertidos sen duda nunha das bandas revelación de 2023, traerán ao festival o seu rock-pop con letras de tinte xeracional e a un directo impecable, divertido e enérxico. Os sons balcánicos tradicionais correrán a cargo da formación bosnia Dubioza Kolektiv coa súa mistura de rave, ska e unha enerxía imparable en directo con letras que se centran na protesta política e a reivindicación social. O galego estará representado por LaMontagne & PicoAmperio, dúo que revive a raíces a través de sons futuristas e tecnolóxicos que traen a tradición de volta ao presente a través de bases de trip hop, moito flow e tintes de contracultura. Haberá máis espazo para o folclore con María de Juan presentando por primeira vez en Galicia con «DRAMÁTICA», unha revisión á copla española, envolta nun imaxinario cinematográfico con bases electrónicas de pop, sintetizadores e samples, e Grande Amore faranos partícipe da súa desesperación existencial co seu ton humorístico, vulnerable e a ritmo de techno oitenteiro. De encargado de que non deixemos de bailar estará Ninhodelosrecaos DJ, alias tras o que se agocha Rubén Sierra Jiménez, cantante e guitarrista de La Pegatina, e que mistura nas súas sesións rumba, o rock, o ska, o punk, o merengue e a salsa. Os veteranos Lamatumbá volven aos escenarios para deixar claro que seguen coas mesmas ganas de festa e verbena que en 1998, ano no que comenzaron a súa andadura na música. Pola súa parte, Ortiga e Pili Pampín xa nos demostraron con «0 Galo (Remix)» que a electrónica de clube non está nin moito menos reñida co repertorio popular galego e en Bueu presentarán un novo xénero musical, o seu propio, tan xenuino como imposible de resistir na pista de baile. Ademáis, aínda queda por desvelar unha actuación sorpresa que terá lugar á 1am no Escenario Turismo Rías Baixas.
SonRías Baixas 2023 é un festival promovido pola promotora PlayPlan Cultural. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, RíasBaixas Fest e Xunta de Galicia a través do Xacobeo e do programa FEST Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Águila e Johnnie Walker.
Toda a información pode verse na páxina web do Sonrías.