Bueu acolle este sábado a V Bandeira de Traineriñas
-
A proba sairá do porto de Bueu este sábado ás 17.00 horas, e nela participarán arredor de douscentos deportistas
Como xa vén sendo habitual, o Club do Mar de Bueu Teccarsa, organiza este sábado, 11 de maio, a V Bandeira de Traineriñas, que se desenvolverá na modalidade en liña e que contará coa participación de preto de duascentas persoas de varias tripulacións de Samertolameu, Tirán, Chapela, Coruxo, Mecos, Amegrove, Cesantes, Vilaxoán, Virxe da Guía e Bueu.
A regata, que conta coa colaboración do Concello de Bueu, sairá ás 17.00 horas en tandas separadas dende o peirao de Bueu ata a praia de Agrelo (cun percorrido de 3.400 metros) e premiará cunha bandeira ás categorías absoluta feminina, xuvenil masculino e senior masculino. Así o destacaron na rolda de prensa celebrada este xoves os membros da directiva do Club, Javier Pazos e Rosa María Carballo, o alcalde, Félix Juncal, e o concelleiro de deportes, Manolo Otero.