Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello incorpora doce contedores para recollida de aceites domésticos

  • Este servizo facilita o reciclado dos aceites vexetais por parte da cidadanía para garantir a correcta xestión e valorización

A vila de Bueu contará nas próximas semanas con doce contedores para a recollida de aceites domésticos, un servizo co que se pretende facilitar o reciclado dos aceites vexetais por parte da cidadanía para garantir a correcta xestión e posterior valorización. Así o avanza o alcalde da vila, Félix Juncal, quen recoñece que era un servizo moi demandado entre a cidadanía nos últimos tempos.

As zonas nas que se van instalar son a contorna da Praza de Abastos, Can do Penedo, As Lagoas (xusto ao carón do composteiro comunitario), Parque Ramal dos Galos, Avda de Marín, Loureiro, Agrelo, centro de Beluso, Igrexario de Cela, praia de Beluso, Casa da Aldea de Meiro e Cabalo.

A iniciativa lévase a cabo no marco dunha colaboración entre o Concello e Recolte, e será xestionada por Procesadora Gallega de Alimentos. Segundo salientan desde a empresa, a cidadanía poderá depositar o aceite en calquera envase doméstico de plástico e directamente no colector (sen bolsas de plástico).