Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Bueu acolle a Regata XI Bandeira de Bateis

  • A proba tomará a saída no peirao da vila ás 16 h e agárdase a participación das embarcacións da Zona Territorial Sur

O peirao de Bueu dará a saída este sábado, 27 de marzo, a partir das 16 horas, á Regata XI Bandeira Concello de Bueu de Bateis, organizada polo Club do Mar de Bueu- Teccarsa e o Concello de Bueu. Esta actividade, que xa vén sendo unha proba clásica no calendario de regatas de Bateis da Zona Sur, terá o formato de regata en liña, en quendas lanzadas na mesma categoría, cun minuto de intervalo, e con cinco minutos entre as distintas categorías. Así o destacaron na rolda de prensa celebrada esta xoves Ricardo Verde, concelleiro de deportes, Javier Pazos, e Manuel Méndez, ambos vogais da directiva do Club organizador.

Nas probas tomarán a saída primeiramente as traiñeiras de Alevín feminina, Infantil feminina, Cadete Feminina, Xuvenil feminina e Absoluta feminina; e seguidamente as de Alevín masculino, Infantil masculino, Cadete masculino, Xuvenil masculino e Senior masculino. A organización agarda a participación de cincocentas persoas dos clubes da Zona Territorial Sur, como o CM Bueu, CR Chapela, Amegrove CR, CR Mecos, SD Samertolameu, CCD Cesantes, SD Tirán, CR Virxe da Guía, CMD San Martiño, CR Coruxo, CR Vila de Cangas, CR Vilaxoán e CR Robaleira.

Tal e como se establece no regulamento, as traiñeiras gañadoras nas categorías masculina e feminina faranse cunha bandeira conmemorativa da proba, para os clubes que acaden maior puntuación nas diferentes regatas. O percorrido sairá do peirao de Bueu e finalizará na praia da Robaleira (Beluso) nun campo con cinco boias.

A XI Bandeira de Bateis cumprirá con todos os protocolos Covid-19, de aí que dende a organización apelen á responsabilidade da cidadanía para que se achegue a gozar desta proba tendo en conta as medidas de seguridade e hixiene.