Bases para a confección de listaxes de contratación temporal dun/a traballador/a social
O Concello de Bueu abre o prazo para presentar solicitudes de cara a participar no proceso selectivo para listaxes de contratación dun traballador/a social de cara á cobertura de baixas ou substitucións temporais. O prazo de presentación será do 10 ao 14 de setembro e deberá facerse mediante instancia dirixida ao alcalde.
Posteriormente, as persoas admitidas someteranse a un proceso selectivo que constará dun primeiro exercicio de coñecementos con trinta preguntas sobre o temario anexo ás bases, unha proba de suposto práctico e, por último, unha proba de coñecemento de lingua galega.
Concluída a cualificación final do proceso selectivo publicarase a relación total de aspirantes aprobados e elaborarase a listaxe de persoas que formarán parte da bolsa para a súa posterior contratación.