Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Bases contratación temporal de 02 monitores deportivos

O Concello de Bueu abre o prazo para participar no proceso selectivo de contratación de dous monitores deportivos para o novo curso do programa “Bueu Concello Saudable”, que estará activo entre outubro deste ano e xuño do 2019. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles a contar dende a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO), é dicir entre o 10 e o 14 de setembro, ambos incluídos.

O procedemento de selección desenvolverase nun único exercicio obrigatorio e eliminatorio, e consistirá en responder un cuestionario de vinte preguntas tipo test sobre o temario incluído nas bases. Entre os temas están a organización do deporte municipal, a execución e organización dun evento deportivo, os programas de animación deportiva, os aspectos fisiolóxicos da actividade físico – deportiva, o deporte escolar, a normativa das instalacións municipais e o equipamento…

As persoas que resulten contratadas deberán impartir as actividades inseridas no proxecto “Bueu Concello Saudable”: ximnasia para maiores, ximnasia de mantemento, ximnasia para persoas con mobilidade reducida, matroximnasia, ximnasia prenatal, ximnasia para persoas con discapacidade intelectual e Pilates.

Bases contratación 02 monitores deportivos

Solicitude participación

Anuncio BOPPO 07.09.2018