Aviso corte de tráfico

Con motivo da I Carreira e Andaina Solidaria pola Diabete, que se celebrará o próximo sábado, 23 de marzo, comunícase que:

  • A partir das 14.00 h non estará permitido estacionar en toda a rúa Montero Ríos así como nos aparcadoiros de lonxa e porto.
  • A partir das 15.00 h non se poderá circular con vehículos por este mesmo espazo.
  • O tráfico restablecerase unha vez rematada a carreira.