Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Arrancan as obras de recuperación do lavadoiro do Mieliño, no lugar de Soutelo

  • As obras, que se realizan con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada a Construcciones Cortizo SL, por un importe de 15.521,31 €

O Concello de Bueu comezou esta semana as obras de recuperación do lavadoiro do Mieliño, no lugar de Soutelo. Así o puido comprobar o alcalde durante a visita, na que salientou que “esta obra vai supoñer unha recuperación tanto do lavadoiro, como da fonte e da contorna”. A obra, que se realiza con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada a Construcciones Cortizo SL por un importe de 15.521,31 €.

Nestes últimos tempos, o goberno local está recuperando os lavadoiros, que forman parte do patrimonio cultural e social da vila e que se integran na actividade da vida comunitaria. Por iso se acondicionaron xa os lavadoiro da Banda do Río e da Graña, e se espera actuar pronto no da Portela.

Ademais da reparación do vaso do lavadoiro, tamén se fomentará o espazo como lugar de reunión da propia veciñanza, e se adaptará para persoas con discapacidade e mobilidade reducida. A proposta elixida buscará un arranxo integral no que se utilizarán materiais acorde co lavadoiro, como a madeira, a pedra, o cano de pedra ou a pintura ecolóxica. A finalidade é que se favoreza a tipoloxía dos elementos típicos da arquitectura galega, potenciando o seu valor etnográfico así como a integración social no entorno rural.