Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Anuncio listaxe de admitidos/as e de agarda do ‘Concilia Bueu 2023’ e convocatoria de reunión

O Concello de Bueu publica o anuncio de persoas admitidas e a listaxe de agarda para o programa “Concilia Bueu 2023”, que se desenvolverá do 3 de xullo ao 31 de agosto, en horario de 8.00 a 14.30 h.

A efectos de informar sobre a organización e xestión do programa, convócase a todos os pais/nais dos nenos/as admitidos/as a unha REUNIÓN, que terá lugar O MÉRCORES 28 DE XUÑO DE 2023, ÁS 19.00 HORAS, NO CENTRO SOCIAL DO MAR.