Aberto o prazo para participar na Festa do Polbo

A concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, convida aos establecementos hostaleiros da vila a participar na Festa do Polbo, cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o 20 de xuño.

Desde ese día comezarase a traballar na organización deste evento que cada ano conta con máis asistentes, e que pretende revalorizar un produto local como é o “Polbo das Rías”.

Para máis información, podedes contactar coa concelleira a través do correo electrónico silvia@concellodebueu.gal.