Aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia do Concello de Bueu
A concellaría de deportes de Bueu ten aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia que se desenvolven durante todo o ano no marco do programa “Bueu Saudable”, que se puxo en marcha no 2008 coa finalidade de garantir a adquisición e a mellora de hábitos de vida saudables, entre toda a poboación, cunha especial atención ás persoas maiores e embarazadas.
O programa inclúe ximnasia para maiores e adultos, ximnasia para persoas con discapacidade e mobilidade reducida, psicomotricidade, ximnasia prenatal, matroximnasia e Pilates; actividades todas elas que se desenvolverán nos distintos espazos das parroquias. O obxectivo é achegar o deporte a todas as persoas e franxas de idade.
A continuación podedes descargar os horarios das actividades, as normas de participación e os formularios de inscrición.