Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A praia da Banda do Río acada a clasificación provisional de suficiente para este ano

Segundo as recentes análises realizadas pola Consellería de Sanidade, as augas da praia da Banda do Río conseguen por primeira vez a clasificación provisional para o 2019 de suficiente. Félix Juncal, alcalde de Bueu, salientou que “se trata dun resultado histórico que mostra a evolución positiva na calidade das augas dun areal no que levamos máis dunha década traballando”. Por iso, e aínda que non se inclúa no censo oficial, este ano o Concello poderá colocar o cartel indicativo desta clasificación que demostra que as augas son aptas para o baño.

O alcalde da vila, Félix Juncal, manifestou a súa satisfacción polos resultados acadados, facendo fincapé na súa condición de areal urbano, onde existían no pasado verteduras e que partían de posicións moi negativas. O rexedor agarda que estes resultados “sexan motivo de ledicia para a cidadanía da vila, e tamén para o sector turístico, hostaleiro e comercial, xa que se trata dunha praia en pleno centro urbano que mellora as súas condicións ano a ano”.