Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A corporación municipal de Bueu celebrou o pleno do sorteo de mesas electorais

A corporación local do Concello de Bueu celebrou este martes, 2 de maio o pleno do sorteo das persoas que compoñerán as mesas de cara ás eleccións municipais do 28 de maio. A sesión tivo lugar ás nove da mañá e fíxose de forma telemática en presenza do alcalde, dos concelleiros e concelleiras e de persoal municipal.

Haberá dezasete mesas nos diversos locais da Sala de Benestar Social, IES Johan Carballeira, CEIP A Pedra, Centro Social do Mar, Escola Náutico – Pesqueira, Casa da Aldea de Meiro, CEIP Torre Cela, Centro Sociocultural de Igrexario de Cela, Escola de Sanamedio, Escola de Cabalo, Casa do Pobo de Beluso, e CEIP Montemogos.