Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A concelleira de turismo convoca á hostalaría para organizar a Festa do Polbo

A concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo,  reunirase o vindeiro martes, 5 de xuño, ás 10.30 horas, cos hostaleiros e hostaleiras da vila que desexen participar na XIX Festa do Polbo, que se celebrará a mediados de agosto no Campo de Fútbol de A Estacada.

O obxectivo deste encontro é tratar temas relacionados coa organización deste evento que pretende promover un dos produtos estrela da vila: o Polbo das Rías.