Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mercadiño solidario Cáritas

Evento xa rematado

Un ano máis, Cáritas Bueu organiza un mercadiño solidario de verán, que se desenvolverá do 8 ao 10 de agosto nun baixo comercial da rúa Pazos Fontenla, 32, e que ten por lema “As grandes oportunidades para axudar aos outros rara vez se dan, pero as pequenas rodéannos todos os días”. O horario será de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas, e as persoas que se acheguen poderán facerse, entre outros, con produtos de electrónica, roupa, xoguetes ou libros, que foron doados por persoas particulares e institucións públicas e privadas.

Esta iniciativa, que xa leva un percorrido de máis de oito anos, ten dous propósitos: obter máis fondos para a atención prestada a un total de sesenta familias durante todo o ano, e dar a oportunidade de que as persoas bueuesas e visitantes se sintan colaboradoras desta acción social.