Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: Short Term 12

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu proxecta o 11 de xaneiro o filme Short Term 12, nunha sesión que terá lugar ás 21 h no Centro Social do Mar.

SINOPSE: Grace (Brie Larson) é unha moza que traballa como supervisora en Short Term 12, un centro de acollida para adolescentes en situación de precariedade, un emprego que lle encanta e polo que vive entregada. Mais, ao mesmo tempo, pesa sobre ela un pasado conflitivo que a enche de angustia. A raíz do ingreso no centro dunha rapaza intelixente e inqueda, dáse conta de que non pode seguir eludindo os problemas que arrastra dende a infancia.