Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ruta da auga doce e salgada

O Concello de Bueu organiza dúas rutas de sendeirismo durante este mes de xullo, coas que se pretenden fomentar os hábitos saudables e, ao mesmo tempo, dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da vila.

O 31 de xullo desenvolverase unha que leva por título «Ruta da auga doce e salgada», cun percorrido que arrancará ás 10.30 h dende o Estaleiro de Purro e que durará dúas horas e media.

As inscricións son gratuítas e deberán facerse na Oficina de Turismo, no teléfono 986390029 (ext. 5), ou no enderezo electrónico turismo@concellodebueu.gal