Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Rutas sendeirismo xullo 2024

O Concello de Bueu organiza dúas rutas de sendeirismo durante este mes de xullo, coas que se pretenden fomentar os hábitos saudables e, ao mesmo tempo, dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da vila.

A primeira delas será o 24 de xullo por Ermelo, con saída dende a propia igrexa ás 10.30 horas, e terá unha duración de dúas horas. A outra terá lugar o 31 de xullo e leva por título «Ruta da auga doce e salgada», cun percorrido que arrancará á mesma hora dende o Estaleiro de Purro e que durarán dúas horas e media.

As inscricións son gratuítas e deberán facerse na Oficina de Turismo, no teléfono 986390029 (ext. 5), ou no enderezo electrónico turismo@concellodebueu.gal