Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Fallen Leaves»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza o 5 de abril a proxección de «Fallen Leaves», que se poderá ver a partir das 21 horas no Centro Social do Mar. O custe da entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: Ansa é solteira e vive en Helsinki. Traballa cun contrato de cero horas nun supermercado, abastecendo os estantes; logo clasifica o plástico reciclable. Unha noite atopa accidentalmente con Holappa, outro traballador solitario e tamén alcohólico. Contra todo prognóstico e malentendidos, tentan construír unha relación e como resultado Holappa logra controlar a súa adicción ao alcohol.