Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «El hijo olvidado» de Mikel Santiago

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o mércores 21 de febreiro a presentación do libro El hijo olvidado, de Mikel Santiago, que se celebrará ás 19.00 horas no Centro Social do Mar. No acto participará tamén o escritor galego Pedro Feijoo.

SINOPSE: Aitor Orizaola, «Ori», é un axente da Ertzaintza en horas baixas. Mentres se recupera da violenta resolución do seu último caso como axente da Ertzaintza e se enfronta a un expediente disciplinario, recibe unha mala noticia. O seu sobriño Denis, que de neno foi coma un fillo para el, é acusado de asasinato. Pero algo cheira a podredume e Orizaola, aínda que oficialmente estea de baixa, non pensa quedar de brazos cruzados. Denis parece ser vítima dunha estraña conspiración.

Unha falsa acusación, un misterioso suicidio, unha poderosa familia con moito que ocultar… Estas son algunhas das pistas que levarán a Orizaola, ao longo dunha lectura sen tregua, na busca dun segredo que se perde no labirinto de camiños da Bizkaia profunda mentres loita por resolver o caso máis importante da súa vida.