Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Verano del 96» de David de Juan Marcos

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza durante os meses de xullo e agosto un programa de presentacións literarias.

O Centro Social do Mar acollerá o luns 31 de xullo, ás 21 horas, a presentación do libro Verano del 96 de David de Juan Marcos.

SINOPSE: unha historia feita anacos, como as vidas esnaquizadas dos seus protagonistas. Fragmentos de existencia que nos mostrarán como as ilusións das súas infancias comezan a empañarse na adolescencia, só para romper en mil anacos cando chegan a adultos. Cada relato está contado cunha voz diferente, que en ocasións nos farán vivir a experiencia do grupo dende o punto de vista de cada un dos seus protagonistas e, noutras, presencialas dende aquelas persoas e escenarios que se cruzaron no seu camiño.