Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Tabiba» de María Xosé Porteiro

Evento xa rematado

A Libraría Miranda organiza o xoves 8 de xuño a presentación do libro Tabiba de María Xosé Porteiro, que terá lugar ás 19 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar. No acto, a autora estará acompañada por Santiago Ferragud, Anna R. Figueiredo e Xabier Romero.

SINOPSE: Disque do amor ao odio só hai un chanzo. Con Tabiba, María Xosé Porteiro mergúllanos nun mundo de paixóns contraditorias que oscilan entre ambos sentimentos.

Nos escenarios desta novela, desde o Alto Atlas ata o deserto de Sahel, da Mariña luguesa ata Londres e desde calquera outro lugar no mundo ata Barcelona, aniñan seres á procura do esencial e do transcendente, da razón e da loucura.

Quen entre no mundo que agachan estas páxinas soñará con galopar a lombos dunha Harley e desexará repensar a vida enriba dun dromedario, como o fai Tabiba.