Espazo Convida 21: ‘Naviza Girl’ de Isa Risco
Evento xa rematado
-
Data
8 julio, 2021
-
Hora
9:30 pm - 10:30 pm
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.
Así, o xoves 8 de xullo, a Praza Massó acollerá a partir das 21.30 horas o espectáculo ‘Nabiza Girl’ de Isabel Risco, no que coñeceremos a Chelo García Naveira, coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e poderes que proveñen do sulfato.
Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.
Toda a información sobre o espectáculo na seguinte ligazón: https://www.culturactiva.org/es/espectaculo/nabiza-girl