Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Bueu acollerá do 6 ao 15 de marzo a I Ruta da Tapa de Inverno

A Asociación de Empresas Hostaleiras de Bueu (Aehbu) organiza entre o 6 e o 15 de marzo a primeira edición da Ruta da Tapa de Inverno, na que participarán 16 establecementos da localidad con elaboracións orixinais vinculadas a esta estación. Este circuíto gastronómico non ten carácter competitivo e o público poderá degustar as tapas a un prezo fixo de 2,5 euros.

Os establecementos que participan nesta primera edición son A Centoleira, A Esmorga, Aturuxo, Tapería Mariñeira Baiuca, Buena Vibra Restobar, Casa Benito, Casa Quintela, La Perfecta, Noite Tapas, O Farol, O Pazo, O Ratiño Pequeno, Cafetería Centro Social, Vinoteca A Cepa, Volver e La Zarzamora. A presentación da Ruta da Tapa de Inverno tivo lugar o pasado venres no Concello de Bueu coa presenza del alcalde e a concelleira de promoción económica e turismo, Félix Juncal e Silvia Carballo; a presidenta de Fecimo, Ana Ave; e o presidente de Aehbu, Manuel Agulla, xunto a varios dos locais asociados.

Os locais hostaleiros que participan dispoñen de dípticos informativos con mapas da ruta para que as persoas que o desexen poidan percorrer todos os locais. Así mesmo, a información tamén está dispoñible a través da web viveomorrazo.com.

A organización sorteará 250 euros en premios entre os clientes que acudan a degustar estas especialidades invernais. É necesario que proben polo menos cinco tapas diferentes e cubrir co correspondente selo o boleto de participación, que se pode atopar en calquera dos establecementos da ruta. En total repartiranse cinco premios de 50 euros e as persoas gañadoras daranse a coñecer cando conclúa esta iniciativa, que aspira a dinamizar a hostelería local.