Xornada de difusión sobre as axudas leader 2014-2020
A reunión celebrarase o luns, 19 de febreiro, ás 19.00 horas, no Centro de Benestar Social de Bueu
O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra- Morrazo vai celebrar unha xornada de difusión sobre as Axudas Leader 2014-2020: anualidades 2018/19 o luns 19 de febreiro, ás 19.00 horas, no Centro de Benestar Social de Bueu.
Nesta xuntanza falarase da tipoloxía de proxectos e investimentos subvencionables, dos requisitos, baremo etc, necesarios para ser beneficiario das axudas a medida LEADER dentro do PDR de Galicia 2014-2020.
As liñas de axuda que se establecen poden ser para investimentos no sector da produción agraria primaria, en transformación e comercialización de produtos agrarios, en transformación e comercialización de produtos forestais, investimentos que supoñan diversificación das explotacións agrarias cara actividades non agrarias, ou para a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias, e investimentos en proxectos non produtivos. A dotación financeira para a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa (EDLP) a través do Leader no GDR Morrazo – Pontevedra conta cun importe total de 3.137.373,21 € para as anualidades do período 2017 – 2020, cofinanciados con fondos europeos do FEADER.
Estas subvencións van destinadas a persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, entidades públicas de carácter local ou comarcal, e comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Folleto en formato PDF : (pulsar en imagen)