Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Calquera persoa que resida e/ou posúa unha vivenda unifamiliar con finca ou xardín situada no Concello de Bueu, poderá solicitar de xeito gratuíto un composteiro individual comprometéndose a destinalo ó tratamento de residuos orgánicos. As persoas solicitantes recibirán unha formación sobre o correcto manexo do composteiro así como visitas de seguemento co fin de supervisar o bo funcionamento do mesmo.
Os composteiros entregaranse por orde de inscrición. Unha vez esgotadas as unidades confeccionarase unha listaxe de agarda respectando a orde de entrada das solicitudes.

Estes composteiros foron obtidos baixo a «Orde do 5 de Maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020«

Orde do 30 de novembro de 2021 (DOG nº 238, do 14 de decembro de 2021) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.