Rematan as obras de pavimentación no Camiño de Vilar

Visita ás obras de pavimentación do Camiño de Vilar

  • O vial estase arranxando con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra e a empresa adxudicataria é EC Casas

Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Fidel Castro, concelleiro de obras e servizos, visitaron este martes as obras de pavimentación no Camiño de Vilar, en Beluso. As obras foron realizadas por E.C. Casas por un importe de 21.610,98 €, IVE engadido, con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra.

Este asfaltado forma parte do proxecto de pavimentación de camiños municipais, dos que xa se remataron o de Meiro e Ramal dos Galos, e están en proceso os de Costiña e Sar (na parroquia de Cela).

Por outra banda, e seguindo coa aposta pola mellora dos servizos e infraestruturas do rural, o Concello aproveitou para asfaltar un camiño de Montemogos, concretamente na zona de Coumiñán.

Pavimentación Camiño próximo a Coumiñán, en Beluso