Rematan as obras de formigonado do Camiño da Cereixeira
Esta semana remataron as obras de formigonado do Camiño da Cereixeira, no lugar de A Graña. A actuación conta cun orzamento de 17.091,93 € e está sendo acometida por parte da empresa Vale, tamén con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra. Este vial é moi utilizado pola cidadanía e atopábase en moi mal estado de conservación. Os traballos incluíron o desbroce e a retirada de vexetación herbácea, a limpeza enérxica de superficie de pavimento existente, a pavimentación e a instalación de tapa e marco para arquetas existentes.