Programa de Turismo Social do Imserso
A primeira fase do prazo de presentación de solicitudes do programa de turismo do Imserso para a tempada 2018/2019 estenderase do 16 de maio ao 14 de xuño de 2018.
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
- Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
- Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
- Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
- Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.
Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.
Máis información:
- No teléfono 901 109 899 IMSERSO. De luns a venres de 9 a 18 horas.
- Por medio da caixa de correo electrónico do Programa de Turismo do Imserso ou a través do formulario de contacto, pódese solicitar información ou realizar consultas.
Ou nas seguintes ligazóns:
http://www.imserso.es/imserso_03/envejecimiento_activo/vacaciones/index.htm
https://sede.imserso.gob.es/Sede/portal/procedimientos/formProgramaVacaciones.seam?lang=gl