Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 21 de marzo de 2018
Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
NORMATIVA
Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018. (BS410A). (DOG nº 22 do 31/01/2018).
Requisitos:
Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
Que durante o ano 2016, nin as persoas solicitantes nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
Que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Contía da axuda:
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Prazo de presentación:
35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Desde o 1 de febreiro ata o 21 de marzo de 2018, ámbolos dous incluídos.