Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convócase reunión subvencións colectivos culturais e deportivos

Convócase unha reunión sobre as subvencións para os colectivos culturais e deportivos

Celebrarase a partir das 18.30 horas, no salón de plenos do Concello

O salón de plenos do Concello de Bueu acolle o vindeiro luns, 5 de febreiro, ás 18.30 horas, unha reunión cos colectivos culturais e deportivos da vila, co obxectivo de explicar a convocatoria de subvencións que se aprobará este ano.
Na xuntanza estarán presentes Félix Juncal, alcalde da vila, Xosé Leal, concelleiro de cultura, Manolo Otero, edil de deportes, e o interventor municipal. A finalidade é explicar as cuestións técnicas de solicitude das axudas, así como os requisitos para a súa xustificación.