Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Perfís dos postos de traballo e criterios de selección do programa ‘Primeira Experiencia Profesional’ 2022-2023

O Concello de Bueu contratará a tres persoas no marco do programa ‘Primeira Experiencia Profesional’ da Deputación Provincial de Pontevedra. Os perfís seleccionados son os de: Grao en Comercio, Grao en Publicidade e Relacións Públicas e Grao en Enxeñaría Civil /Obras Públicas.