Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Os Premios Johán Carballeira do Concello de Bueu fallaranse nos próximos días

O Concello de Bueu dará a coñecer nos próximos días as persoas gañadoras dos Premios Johán Carballeira . Así, o xurado da categoría de xornalismo, á que concorren dezaoito traballos, reunirase o domingo, 21 de xuño, ás 12.00 h no 2º andar da Casa do Concello de Bueu. E o de poesía, no que compiten preto de sesenta poemarios, xuntarase o luns, 22 de xuño, ás 17.00 h.

Este premio, que naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, tivo como gañadores na pasada edición a Arancha Nogueira co poemario O silencio das gaivotas (publicado en Xerais co título dente de leite) e na categoría de xornalismo, o galardón recaeu en Aser Álvarez González, coa reportaxe “Ferrín e a poesía do circo”, publicada no xornal Adiante.gal.

Aínda que é habitual que o fallo se anuncie entre abril e maio, este ano debeu adiarse ata agora debido á crise provocada por mor da Covid-19.