Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello pavimentará dous camiños con cargo a unha subvención de AGADER

O Concello de Bueu vén de recibir unha comunicación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para a pavimentación de dous viais con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Os camiños que se van arranxar atópanse entre O Río-Antepazo e Ermelo-A Pena, cun orzamento total que ascende a 46.877,50 €. Pendentes de que se aprobe o expediente de contratación, as obras que se van acometer serán de roza e retirada da vexetación herbácea, limpeza enérxica de superficie de pavimento existente, apertura de caixa para posterior construción do firme, e pavimentación.

Ampliación rede de abastecemento en Vilar

Por outra banda, o alcalde da vila, salienta que con cargo aos remanentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra se está ultimando un proxecto para a ampliación das redes de abastecemento e saneamento na zona de Vilar, na parroquia de Beluso. A finalidade é dotar de conexión ás vivendas da zona, así como renovar as infraestruturas do rural.