Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello organiza un curso de defensa persoal feminina

O Concello de Bueu pon en marcha un curso de defensa persoal feminina, que será impartido polo Club de Loita do Morrazo a partir do 15 de febreiro no Pavillón Municipal Pablo Herbello. Esta iniciativa, que parte da concellaría de igualdade dirixida por Ana Isabel Otero, pretende achegar técnicas para a defensa das mulleres en caso de agresións ou situacións de inminente perigo.

O taller desenvolverase todos os sábados de 11.00 a 12.00 h e terá unha duración de tres meses. Poderán participar todas as mulleres de 16 anos en diante, as cales deberán inscribirse no Centro de Información ás Mulleres (CIM), a través do teléfono 986324395.

Segundo salienta Ana Isabel Otero, o obradoiro, que se enmarca na programación especial polo Día Internacional das Mulleres, pretende “explicar a violencia de xénero, os tipos de maltrato, os pasos a seguir no caso de sufrir agresións e as medidas de prevención ante o perigo”. E é que dende o departamento de igualdade apostan cada vez máis pola formación e a educación dende as primeiras idades, e polo fomento de actividades que contribúan ao empoderamento feminino.

Por outra banda, o próximo luns, ás 17.00 h reunirase o xurado para decidir o gañador/a do X Certame de Relatos de Muller Matilde Bares.