Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello organiza a actuación ‘Betty & the Amish’ na Praza de Abastos

  • A actividade, que se insire na campaña ‘Quere o teu mercado’, terá lugar o sábado a media mañá

O Concello de Bueu organiza o próximo sábado, 25 de maio, a actuación do trío acústico Betty & the Amish, que terá lugar na entrada da Praza de Abastos a media mañá. Esta actividade insírese na campaña “Quere o teu mercado”, que desde fai cinco anos programa a Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia co obxectivo de apoiar, promover e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

As persoas que desexen participar de xeito activo e conseguir un mandil e unha bolsa térmica, deberán compartir as súas imaxes noFacebook ou no Instagram da campaña “quere o teu mercado” nomeando o perfil @quereoteumercado. Toda a información pode consultarse na páxina web da campaña: http://www.quereoteumercado.gal/mercado/